Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP recoñece a carencia de persoal nos Servizos Sociais

RR_Noticias

A edil Teresa París asegurou que en breve o oficina de servizos sociais de Chapela contará novamente cun traballador social para atender un servizo que leva dúas semanas sen este profesional debido a que a traballadora que atendía ao público atópase actualmente de baixa. Ante as críticas dos grupos de oposición, a concelleira recoñecía a falta de persoal en Servizos Socias debido a que “non se poden contratar máis traballadores porque a lexislación actual recolle que xa estamos cumprindo coa ratio que establece o número de persoal por habitantes”.

O pleno extraordinario no que se aprobaba a adxudicación do servizo de axuda no fogar á empresa Clece, derivou nun debate no que os grupos da oposición aproveitaron para recriminarlle ao goberno local a falta de persoal nos servizos sociais redondeláns. O partido socialista lembraba que a día de hoxe esta prestación “está baixo mínimos ao verse reducido o persoal por baixas e vacacións”. Dende as súas filas Digna Rivas insistía en que na parroquia de Chapela a espera para unha primeira cita (a de avaliación dos casos) supón tres meses de demora unha situación que se complicou aínda máis nas últimas semanas debido a que a traballadora que atendía o servizo se atopa actualmente de baixa. Deste xeito, “nos últimos quince días soamente está dispoñible unha traballadora social para os 30.000 habitantes do concello. Dende o BNG reclamaban tamén a necesidade de dotar de máis persoal os servizos sociais “unha labor que lle corresponde ao goberno local responsable de atopar fórmulas para a contratación de máis traballadores”. Ante sas críticas dos grupos de oposición, a concelleira responsable deste departamento Teresa París, recoñecía a falta de persoal “debido a que non se pode contratar máis traballadores porque a lexislación actual recolle que xa estamos cumprindo coa ratio que establece o número de persoal por habitantes”. Con todo, adiantaba que en breve a oficina de Chapela contará novamente cun traballador social para atender o servizo  

Teresa París Concelleria servizos sociais
Explica a imposibilidade de contratar máis persoas para atender os servizos sociais malia a súa encesidade
Digna Rivas PSOE
Os socialistas denuncian que a día de hoxe haxa so unha traballadora social para atender todo o concello
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas solicitan fórmulas que permitan novas contratacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará