Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela empata en Carballo e a Sar cae ante o Cisne

RR_Noticias

Non logrou a vitoria pero o Chapela sí se trouxo un punto do partido disputado ante o Calvo Xiria e que rematou con empate a 23 goles. Peor lle foron as cousas a SAR que perdía na súa visita ao campo do Cisne nun encontro que finalizaba co resultado de 31-25 a favor dos locais.

O Construcciones Castro Chapela non puido lograr a vitoria na súa visita a Carballo malia tratarse dun partido que comezou moi igualado e no que os de Fran Teixeira lograron ter unha vantaxe de cinco goles. Un marcador a favor que os de Chapela non souberon aproveitar e finalmente tiveron que conformarse cun empate a 23 goles
Son terceiros e na vindeira semana xogan na casa, onde reciben ao Pontevedra.
Pola súa banda o Cisne impúxose por 31 goles a 25 no encontro disputado ante a SAR. Unha primeira parte moi igualada que os da SAR non lograron manter no segundo tempo, no que os do Cisne chegaron a pórse por diante incluso con 10 goles de vantaxe. Os xogadores de Redondela tentarán remontar na vindeira semana ante o Cañiza, un partido que se disputará na bomboneira.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará