Protagonizada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, e dirixida por Álex Sampayo a obra poderá verse este sábado día 11 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 5 euros para o público en xeral, 3 euros para xubilizados e estudantes.
Comedia de actualidade, próxima e amable, que profunda nas relacións familiares e de parella. Coa excusa dos sete pecados capitais como eixo da estrutura falan da idealización do amor, da crise e de cómo esta afecta aos novos modelos familiares, da vida a partir dos sesenta e das segundas oportunidades. A obra está protagonizada por tres actores de importante presenza nos escenarios e mais nas producións audiovisuais galegas como “Mareas vivas” ou “Pratos combinados”, unha relación co audivisual que tamén achega o seu director, Álex Sampayo. É quizais esa vinculación co cine e a televisión o que da a esta obra moito ritmo e axilidade.