Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espazo Ecosocialista e AER abren vías de cooperación

RR_Noticias

Os membros de Espazo Ecosocialista, formación que naceu ao calor do 15M, decide entrar a formar parte da Agrupación de Electores ao recoñecer a esta agrupación como “a Plataforma que, ensanchándose e ampliándose, pero mantendo o seus principios fundacionais, pode construírse a alternativa municipal ao de sempre, sen necesidade de estar intentando novas plataformas que no mellor dos casos só aportarían división”.

Un acordo de colaboración no que Espazo ecosocialista comprométense a animar aos seus membros e simpatizantes a participar como cidadáns no traballo cotiá de AER a súa vez que a Agrupación de Electores levará ao Concello as demandas de Espazo Ecosocialista, tal como ven facendo coas demandas de asociacións, veciños, partidos sen representación e outros colectivos na súa práctica política habitual.
Ambas as dúas formación estudarán ademais levar adiante campañas de concienciación social conxunta naqueles temas que consideren, especialmente os referidos a temas medioambientais e de xustiza social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará