Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outubro, un mes para conmemorar a batalla de Rande

RR_Noticias

Era un 23 de outubro do ano 1702, nese día as escuadras das coalición anglo-holandesa e hispano-francesa enfrontábanse no contexto da Guerra de Sucesión Española. Un feito histórico que recrea e rememora o Centro de Interpretación Meirande. Un museo que neste mes organiza un completo programa para conmemorar unha data tan sinalada na enseada de San Simón. Haberá proxeccións audiovisuais, visitas teatralizadas, roteiros panorámicos, rutas pola enseada e presentación literarias.

A primeira das actividades previstas será este mesmo xoves día 9 coa estrea ás cinco da tarde do audiovisual “O Choco, baixo as ondas da enseada de San Simón. A continuación terá lugar unha charla a cargo de Manuel Garci, Purificación Alfonso Ribeiro, Manuel Portela e Fermín Fernández Saa, quen falarán de diferentes cuestións relacionadas coa alimentación, nutrición e produtos propios da enseada como o propio choco ou as algas mariñas. Xa as 20:00 horas a xornada rematará cunha degustación de pinchos a base de algas. Unha completa xornada á que poden asistir os que o desexen previa inscrición no 986 020899. O sábado continuarán as actividades audiovisuais coa proxección do documental de Diego Casal “Seguindo os pasos do ouro negro” e a charla coloquio sobre a minería en Galicia e a situación estratéxica do cargadoiro do Alemán en Rande. O domingo a Concellería de Cultura organiza ademais un roteiro panorámico en horario de mañá que permitirá aos asistentes coñecer o Meirande e a súa contorna na que atopamos restos industriais e elementos que xogaron un papel fundamental na historia como o propio cargadoiro de mineral. A Asociación Cultural de Rande organiza tamén no sábado 18 de outubro unha completa xonrada de actividades cunha xuntanza de embarcacións tradicionais na Enseada e unha xornada de portas abertas no museo con visitas teatralizadas. Para rematar o mes, está prevista o sábado 25 a presentación do libro de Fernando Bartolomé “A prata ensangrentada”. O edil de cultura, Julio Alonso, lembra que durante todo o mes continúan os obradoiros e visitas teatralizadas nas que se poden informar nas instalacións do Meirande.  

Julio Alonso edil de Cultura
Un completo programa de actividades para conmemroar a batalla
Chalas documentais e visitas
o programa inclúe actividades para todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará