Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña de recollida de medicamentos para enviar a Palestina

RR_Noticias

O BNG fai un chamamento aos veciños para que colaboren na campaña de recollida de medicamentos que están a realizar en toda Galicia e tamén no noso concello. Así, este luns as persoas que o desexen poderán deixar eses medicamentos no local do Bloque na praza da Constitución ou no Multiusos de Chapela en horario de 19:00 a 21:00 horas.

O BNG, dentro das actividades en apoio ao pobo palestino, está a desenvolver unha recollida de medicamentos por todo o país para despois enviar a Gaza, onde se precisa de toda a axuda que poidamos enviar despois da masacre vivida nos últimos meses.
Desde o BNG de Redondela pedimos a colaboración de toda a poboación para que aporten medicamentos (antibióticos, analxésicos, antiinflamatorios, etc.) ou material sanitario (luvas, gasas, etc.). Dada a urxencia da situación, o envío partirá a próxima semana, polo que se realizará a recollida o vindeiro luns 8 de 19:00 a 21:00 horas, no  local do BNG en Redondela e no Multiusos de Chapela, para recoller todo o que os veciños e veciñas poidan achegar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará