Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de consumo responsable na praza de abastos no inicio da campaña Comprázeme

RR_Noticias

As actividades enmarcadas dentro do programa Cómprazeme e abertas ao público en xeral arrancan este sábado ás 9:00 horas na praza de Redondela cunha xornada de promoción de produtos locais que se volverá repetir o día 19 de 10:00 a 12:00 h no mercado de Chapela. No desenvolvemento das xornadas realizaranse obradoiros de consumo responsable, ofrecerase unha degustación ás persoas asistentes e presentarase a guía de mercados de Redondela e Chapela: Mercados con sabor.

Un programa de actuacións nos mercados municipais que ten por obxectivo achegar á cidadanía aos mercados de Redondela e Chapela, mediante a posta en valor dos produtos e servizos que neles se oferta e que se vai desenvolver durante este mes de setembro e outubro con qctividades de formación relacionadas co corte e a presentación dos produtos pesqueiros, visitas guiadas de escolares de educación primaria para coñecer o mercado, un concurso de fotografía para o alumnado de secundaria e bacharelato e xornadas de información ao público. A primeira das actividades dirixida ao público en xeral desenvolverase este sábado día 6 no mercado de Redondela en horario de 09:00 a 14:00 horas. Os asistentes  participarán de obradoiros de consumo responsable, haberá unha degustación de produtos locais e presentarase unha guía dos mercados na que se recolle información diversa sobre os produtos que alí podemos atopar, receitas de peixes e mariscos e un calendario de produtos de tempada así como outras informacións.  

Ana Alonso edil de economía
Fala das actividades que se van organizar dentro da campaña Comprázeme

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará