Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As condicións meteorolóxicas e a falta de intencionalidade reducen os incendios forestais

RR_Noticias

A cifra de incendios forestais no que vai de campaña sitúase lixeiramente por riba dos mil lumes, un dato avanzado pola Consellería de Medio Rural e que parece indicar que este será un verán histórico pola baixa incidencia do lume. Con todo, os axentes forestais lembran que o período de máximo risco non conclúe ata finais de mes e animan aos veciños a estar alerta ante calquera indicio ou comportamento sospeitoso nos montes así como a realizar as labores de prevención necesarias para manter limpas as leiras.

Os números que manexa a Concellería -algo máis de mil incendios no que vai de campaña- parecen indicar unha tendencia á baixa respecto do acontecido no último decenio. Ademais da meteoroloxía favorable, con poucos días continuados de altas temperaturas e chuvias periódicas tamén durante o verán, constátase unha menor intencionalidade e menos actividade dos incendiarios o que ten favorecido que a estas alturas da campaña o balance sexa máis optimista que en anos anteriores. Con todo, non hai que baixar a alerta xa que o período de máximo risco non remata ata finais de setembro e foi precisamente neste mes cando se producían os peores lumes o ano pasado. Así o explicaba Javier Magdalena, membro da Asociación de Axentes Forestais de Galicia APRAFOGA. Para favorecer que este 2014 se converta en todo un referente na loita contra o lume, é necesario que os veciños colaboren na protección do noso entorno mantendo as súas leiras limpas de maleza e poñendo en coñecemento das autoridades aquelas situacións ou persoas que poidan estar prendendo lume. Javier Magdalena apelaba así á conciencia cidadá.  

Javier Magdalena axente forestal
Fai balance do que vai de campaña e lembra que o periodo de máximo risco non remta ata finais de mes
Colaboración cidadá
Os veciños deben manter limpas as súas leiras e alertar de comportamentos sospeitosos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará