Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grandes descontos e actividades de lecer na IV Feira de Oportunidades de Redondela

RR_Noticias

A alameda de Redondela acollerá esta fin de semana unha interesante feira con ofertas “únicas” en moda, calzado, deportes, decoración, agasallos e moitos máis produtos dos comercios locais. Un total de cincuenta establecementos participan nesta edición, que contará tamén con diversión para todos os públicos con áreas de xogos, inchables e música ao vivo.

A feira celebrarase en horario ininterrompido o sábado, día 30, de 10.00 a 23.00 horas, e o domingo día 31 de 11.00 a 21.00 horas, nos xardíns da Alameda. Julia Alonso, da Asociación de Empresarios de Redondela, salienta que se trata dunha excelente oportunidade para mercar moda, complementos, calzado, decoración, lencería, xoiaría, fotografía, libros ou agasallos “a prezos únicos”, con produtos de todas as temporadas. O público, ademais de atopar descontos de ata un 70%, poderán gozar das actividades paralelas que a organización ten preparados para todos os públicos: áreas de xogos, inchables, mini parque de atraccións, zonas de descanso e música ao vivo. A feira está organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela e Concello, coa colaboración da Xunta de Galicia.  

Julia Alonso da Asociación de Empresarios
A feira ofrece grandes oportunidades de medio cento de establecementos de Redondela.
Atividades de lecer
Haberá área de xogos inchables músia ao vivo e zona de descanso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará