Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Doazón de libros da Fundación Filomena Rivero á Biblioteca Municipal Valle-Inclán

RR_Noticias

A través do seu secretario, Telmo Crespo, a Fundación Filomena Rivero Alonso fixo entrega de dous lotes de libros destinados aos clubs de lectura de adultos da Biblioteca Municipal de Redondela.

A doazón está composta por trinta e catro exemplares de dous títulos de grande actualidade e de recoñecida calidade.E ste acto é o punto de partida para a programación que a Fundación Filomena Rivero levará a cabo, coa colaboración da Biblioteca Municipal, ao longo deste último trimestre do ano e que se dará a coñecer en próximas datas a través dos distintos medios de comunicación, cartelería e redes sociais. A entrada dos libros realizouse nun acto no que participaron Julio Alonso, concelleiro de Cultura, e María Elena Becerra, responsable da Biblioteca Municipal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará