Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo Chapela pelexará en augas de Lugo pola permanencia na LG-A

RR_Noticias

Logo do resultado na regata disputada onte en Ares, o club redondelán ocupa a penúltima posición da Liga Galega A, polo que terá que pelexar por manter a categoría no play off de ascenso cos aspirantes Bueu e Perillo, segundo e terceiro clasificados da LG-B. Só hai unha praza para os tres aspirantes que disputarán este privilexio en augas do Cantábrico esta fin de semana.

No club recoñecen que será unha eliminatoria moi disputada, xa que os dous aspirantes da división B demostraron un alto nivel ao longo de todo o campionato. Chapela, pola súa banda, logo de verse obrigada a remodelar o seu equipo case ao completo, tivo un comezo de liga difícil. Julio Prado, da directiva, recoñece que á traíña custoulle coller un bo ritmo, pero foron “de menos a máis” e remataron a liga con mellores sensacións que ao comezo. Outro problema engadido é o lugar elixido para a proba, unha en Viveiro e outra en Ribadeo, un campo de regatas inédito. Trátase dunha aposta da Deputación de Lugo e os concellos da costa lucense, que tentan promocionar o deporte do remo na zona e organizan esta competición. Para o C.R.Chapela supón un gran esforzo económico, tanto polos gastos de desprazamento como de aloxamento. En canto á parte alta da LG-A, Samertolaméu deixou practicamente sentenciada a liga en Ares logo de facerse coa VII Bandeira Concello de Ares de traiñeiras, celebrada onte pola mañá en augas do porto da vila coruñesa. Amegrove, o seu máis directo adversario, quedou segundo.  

Julio Prado Pte Remo Chapela
A regata será moi disputada
Fase de ascenso
A fase de ascenso dispútase en augas do Cantábrico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará