Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rock redondelán no Meixón Music

RR_Noticias

The Zebulóns e Los Walter Mathaus actúan este serán na rúa Meixón Frío dentro do ciclo de concertos que organizan os establecementos hostaleiros da rúa. O dúo The Zebulóns interpretará versións “dos clásicos de sempre” e os Walter Mathaus ofrecerán os temas do seu disco Varon Dandy, aínda que en versión “tupper ware”.

A cita é ás 21.00 horas, e Pedro Pérez, guitarra e voz, recomenda “ir ceados”, xa que o concerto podería prolongarse “por tempo indefinido”. Os músicos redondeláns prometen varias horas de música “roqueira e guitarreira” para esta tarde noite de xoves. O dúo The Zebulóns repasará temas clásicos do rock&roll desde a década dos 60, e The Walter Mathaus ofrecerá unha versión “máis tranquila e reducida” do seu disco Varón Dandy. A hora e o emprazamento elixido obrigan a cambiar a guitarra eléctrica e a batería pola guitarra española e o acordeón, con temas arranxados para esta ocasión.  

Pedro Pérez voz e guitarra
Os músios redondeláns prometen un concerto animado para este serán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará