Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Redondela un condutor sen carné logo de fuxir dunha gasolineira sen pagar

RR_Noticias

A Policía Local de Redondela detivo o martes a un cidadán uruguaio de 29 anos de idade tras recibir o aviso de que un condutor fuxira dunha estación de servizo de Vigo sen pagar. Sobre o infractor pesaba ademais varias orde de procura emitidas por dous xulgados da provincia.

O dispositivo púxose en marcha na tarde do pasado martes, cando un turismo marca BMW marchaba sen pagar dunha gasolineira na Praza de España, en Vigo. A acción foi gravada polas cámaras de seguridade do establecemento, e remitiron os datos da matrícula á policía para tentar localizalo. Ás 17.30 horas axentes da Policía Local de Redondela localizaron o vehículo en Chapela, e procederon a darlle o alto na avenida de Redondela. O condutor negou os feitos e os axentes solicitáronlle a documentación do coche. Foi entón cando comprobaron que o vehículo carecía de seguro obrigatorio e tampouco tiña pasada a ITV. Unha vez comprobada tamén a súa identificación persoal, souberon que carecía de carné de conducir ao serlle retirados todos os puntos do permiso e, ademais, pesaba sobre el unha orde de procura e detención para ingresar en prisión emitida por un xulgado de Tui e outra orde de detención para persoarse no Xulgado do Penal Número 3 de Pontevedra. Os axentes procederon a detelo para, posteriormente, poñelo a disposición da Policía Nacional, que o trasladou ás dependencias da Comisaría de Policía de Vigo. De alí pasaría a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará