Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda vive tres días de festa coas celebracións da Asunción, Santa Ana e San Roque

RR_Noticias

No torreiro da festa están a rematar os últimos preparativos para as festas grandes da parroquia, que a partires de mañá acollerá verbenas e actos relixiosos. As orquestras Capitol, Costa Blanca, Saudade, Ismael, Alabama e o grupo Son de Vigo serán as encargadas de poñer o ritmo desde o xoves e ata o sábado.  

Rubén Carrera, un dos membros da Comisión de Festas, destaca o gran esforzo que fan todos os veciños e establecementos comerciais “nestes momentos de crise” para poder sacar adiante esta festa. Afirma que todos os esforzos dos organizadores “non servirían de nada” sen o apoio de toda a parroquia, que está envorcada nestas celebracións. As actividades comezan hoxe mércores coa ofrenda floral á Virxe. Mañá mércores celebrarán a festa de Santa Ana, cunha misa solemne ás 19.30 seguida da procesión dos matrimonios que celebran as súas Vodas de Ouro. Pola note a verbena comezará ás 22.00 horas con Capitol e Costa Blanca. O venres día 15 celebran a Festa de Santa María, Patrona de Reboreda, con actos relixiosos ás 9.30, 12.00 e 20.00 horas. Pola noite a música correrá a cargo de Saudade e Son de Vigo. O sábado día 16 celebran o San Roque, con misas e procesión ás 9.30 e ás 12.00 horas. Pola noite as orquestras Ismael e Alabama pecharán a programación festiva.

Rubén Carrera da Comisión de Festas
Os organizadores agradecen a colaboración de todos os veciños para facer posibles estas festas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará