Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

Música, xogos e cociña nos Encontros Interxeneracionais que organiza Arela

RR_Noticias

Nenos de entre 6 e 12 anos serán os convidados nestes encontros nos que os usuarios do centro compartirán as súas experiencias cos pequenos. A música e os xogos tradicionais servirán para que cativos e maiores compartan o seu tempo neste lugar de encontro.

As actividades están programadas para mañá mércores, día 13, e o xoves, día 14. É a terceira vez que se organizan os Encontros Interxeneracionais, logo do éxito acadado nas vacacións do Nadal e Semana Santa. A Educadora Social de Arela, Irene Campelos, explica que se trata dun bo xeito de que os maiores se socialicen e manteñan unha vida activa. Ademais a iniciativa é positiva para todos, os máis pequenos transmiten a súa ledicia e as gañas de aprender, mentres que os maiores comparten a súa experiencia e vivencias. Os encontros desta semana estarán centrados nos xogos, a música e a cociña. O seguinte encontro celebrarase a próxima semana, os días 20 e 21 de agosto. Os interesados en participar poden poñerse en contacto co centro, no teléfono 986.40.33.15.  

Irene Campelos educadora social
A música os xogos e a cociña serven para que nenos e maiores compartan experiencias.
Lugar de encontro
O obxectivo é facer do centro un lugar de econtro onde os usuarios se socialicen e participen en actividades.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *