Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade de Montes de Saxamonde amplía as axudas para material escolar do próximo curso

RR_Noticias

A CMVMC de Saxamonde entregou este mes os vales correspondentes á convocatoria de axudas para a compra de material escolar para o curso escolar 2014-2015. Neste ano incrementouse o número de beneficiarios das axudas, que pasan a ser un total de 31 nenos e nenas da parroquia, que recibiron vales de 40 e 60 euros.

Os vales serán canxeables na Libreria Molière de Redondela, establecemento ao que a Xunta Rectora da Comuniade de Montes agradece a súa colaboración. Os comuneiros de Saxamonde puxeron en marcha este programa de axudas ao entender que os beneficios do monte comunal, ademais de ser investidos no coidado do propio monte, deben achegar aos veciños e veciñas unha axuda que redunde no propio futuro dos nenos e, por extensión, no futuro do propio monte comunal. Afirman que a defensa do monte comunal, da súa vida e o seu coidado “é unha das inversións prioritarias para a Comunidade”, e con programas como as axudas para material escolar buscan este tipo de obxectivos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará