Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela adxudica a Dragados S.A. por 1.8 millóns o pavillón de deportes de A Marisma

RR_Noticias

A empresa ten agora un prazo de 8 meses para a construcción do edificio que debería estar rematado como data límite o 15 de marzo do vindeiro ano. A adxudicación foi aprobada por urxencia no pleno celebrado onte co obxectivo de cumprir así os prazos establecidos dentro do Plan Marisma Máis, que financia o 70% dos 1,8 millóns de euros que custará a obra.

A empresa Dragados S.A. será a encargada de realizar as obras de construcción do novo pavillón de deportes de Redondela, un polideportivo que se situará na parcela existente na zona de A Marisma de 9.000 metros cadrados e que actualmente se emprega como aparcamento. Unha obra orzamentada en máis de 1,8 millóns de euros, unha cantidade financiada no 70% polos fondos Feder para o Plan Marisma Máis mentres que o resto será asumido polo propio Concello.
Unha adxudicación que era aprobada por urxencia no pleno de onte, co obxectivo de dar cumprimento aos prazos do Plan Marisma. ningún grupo se opuxo á proposta “por chegar abalada cos informes técnicos correspondentes”.
O proxecto do novo pavillón redactado polo arquitecto Carlos Rosón contempla un edifico de 3.446 metros cadrados cunha bancada fixa para 568 espectadores e outras bancadas retráctiles para 192 persoas. O tamaño d pista é de 48 por 32 metros que servirá para albergar partidos de fútbol sala, tenis, baloncesto, etc. Este espazo de xogo pódese subdividir para albergar diferentes actividades deportivas de forma simultánea.
A planta baixa disporá de dous accesos para deportistas, independentes da entrada principal para o público. Nesta zona situaranse catro vestiarios para os xogadores, para os árbitros e os despachos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará