Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

La Década Prodigiosa actúa o sábado no peirao de Arcade

RR_Noticias

Unha intensa xornada de actividades a que teñen preparada para este sábado en Soutomaior. Haberá espectáculos para os máis pequenos xa pola mañá coa visita de Os Bolechas e a partir das 20:00 horas terá lugar una nova edición da Festa dos 80, con actividades para todas as idades, disfraces e actuación de La Década Prodigiosa.

Os Bolechas presentan ás doce do mediodía no peirao un espectáculo dinámico que xira en torno ao universo creado por Pepe Carreiro e no que se mesturan aventuras e cancións a través dos personaxes da serie nunha fusión de monicreques e teatro. Unha actividades que estaba previsto se celebrase na pasada fin de semana e que foi aprazada polo mal tempo. Os nenos que se acheguen recibirán como agasallo o libro infantil os Bolechas en Soutomaior, con historia e debuxos para colorear.
Xa pola tarde celebrarase unha festa temática ambientada nos anos 80 coa finalidade de recordar a música e os estilos daquela época de xeito entretido e divertido. Haberá actividades para todas as idades a partir das 20,00 h., con música, xogos, obradoiros temáticos e, a partir das once actividades para adultos con actuación do Dj Antonio Varela. Pechará a xornada a actuación de La Década Prodigiosa.
Dende o concello animan aos veciños a achegarse disfrazados e lembran que haberá un photocall con personaxe e artistas dos oitenta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará