As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no departamento de Participación Cidadá no Concello de Redondela ou chamando ao teléfono 986402842 en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.
Os cursos que se impartirán son un curso de xardinería de 40 horas de duración e un curso de Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre tamén de 40 horas.
Os interesados poden inscribirse tamén nun obradoiro de dúas horas “Aprende a falar en público” que terá lugar o día 8 de setembro no Multiusos da Xunqueira.