Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Davila pide a Fomento transparencia nas expropiacións pola ampliación da AP-9

RR_Noticias

A voceira do BNG no Congreso afirma que “o malestar dos veciños esta total e absolutamente xustificado, sobre todo porque o Ministerio non respostou ás alegacións presentadas e agora aumentan as expropiacións”. A plataforma convoca esta tarde unha manifestación contra a ampliación da autoestrada que sairá ás 20:30 horas dende o torreiro da Igrexa da parroquia. Numerosos colectivo amosaron o seu apoio á protesta.

A nacionalista Olaia Fernández Davila ven representar unha batería de preguntas a Fomento debido á falla de información do Ministerio en relación ao proxecto construtivo de ampliación da AP-9 na Ponte de Rande.
“Os veciños de Chapela que están afectados polas obras, reuníronse coa autoridade municipal e responsábeis da Demarcación de Estradas de Pontevedra para recabar algunha información”. Salienta a deputada do BNG que nese encontro se amosaron planos de expropiacións que causaron unha grande preocupación nos veciños. Resulta que nos novos planos de expropiación existen importantes modificacións porque se incrementan as parcelas a expropiar, así como vivendas e outras construcións que no proxecto presentado a Información Pública non figuraban.
Davila afirma que “o malestar dos veciños esta total e absolutamente xustificado. Sobre todo porque Fomento non respondeu ás alegacións que os afectados presentaron”.
Un malestar que se traslada esta tarde á rúa co convocatoria dunha manifestación por parte da Plataforma de Afectados.
A Asociación de Veciños de Chapela súmase tamén a esta mobilización e pide a participación dos veciños da parroquia e de todo o concello na protesta de hoxe con saída dende o torreiro da Igrexa ás 20:30 horas. Do mesmo xeito, tamén amosaron o seu apoio dende o colectivo veciñal pola seguridade vial na N-555.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará