Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita un pleno extraordinario para debater mocións e comparecencias pendentes

RR_Noticias

Dende hai meses á habitual que as sesións plenarias ordinarias, malia prolongarse ata a medianoite, rematen sen ter abordado todos os asuntos previstos por falta de tempo. Sesións maratonianas de catro horas que non son dabondo para que goberno e oposición resolvan as numerosas mocións presentadas e comparecencias solicitadas, así como os rogos e preguntas presentados polos grupos da oposición. Unha situación que fai que se vaian acumulando asuntos pendentes.

Ante esta situación, a Agrupación de Electores ven de solicitar que se convoque un pleno extraordinario para a vindeira semana “coa finalidade de rematar con esa actividade de control que consideramos imprescindible para poder propoñer acordos e fiscalizar ao goberno local; e para que estes temas non volvan atrasar a actividade que se poida dar nos vindeiros meses”.
Engaden que a día de hoxe e “habitual que se presenten mocións ou se soliciten comparecencias e se tarden 3 meses ou máis en debatelas ou en dar as oportunas explicacións no pleno” un feito que consideran como un déficit democrático motivo polo que solicitan que se convoque dita sesión extraordinaria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará