Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Premios de ata 1.200 euros no II Torneo Fútbol 7 de Soutomaior

RR_Noticias

O club de fútbol da localidade organiza por segundo ano este torneo no que esperan contar coa participación de numerosos equipos de toda a contorna. O campionato, con premios de 150 a 1.200 euros para os primeiros clasificados desenvolverase no campo Gráciano Padín na fin de semana do 19 e 20 de xullo.

Dúas xornadas de intenso deporte as que esperan vivir os afeccionados ao fútbol co gallo da celebración da II edición do torno Fútbol 7 que organiza o club de fútbol de Soutomaior. Contrariamente a outros moitos eventos deportivos que se celebran nestas datas de verán, neste campionato si haberá premios en metálico ademais dos tradicionais trofeos. Un aliciente a maiores que o presidente do Club entende que servirá para animar a un maior número de equipos a se inscribir e superar así os 17 que participaron na edición anterior. A data límite para inscribirse é o 17 de xullo.  

David Alvarez presidente Club de Soutomaior
Premios en metálico que fan o campionato máis atractivo
Equipos de toda a bisbarra
Esperan superar os 17 participantes da primeira edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará