Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un centro para maiores e máis prazas de gardería, principais demandas dos redondeláns

RR_Noticias

Así se recolle nunha enquisa elaborada pola Plataforma Cidadá a finais do pasado ano e cuxos resultados veñen de darse a coñecer. No estudo saliéntase tamén a preocupación entre os veciños pola “escasa u nula” actuación das administracións para atallar o drama do paro así como a pouca participación da cidadanía nas asociacións veciñais e sociais e principalmente nos movementos sindical e político.

En total foron 300 as enquisas recollidas pola Plataforma co obxectivo de coñecer as condicións de vida, os problemas sociais e as perspectivas dos barrios e parroquias de Redondela. Con este traballo de campo contan con información de primeira man sobre a situación actual que están a vivir os habitantes e familias da vila, así como as necesidades que entenden máis urxentes. Os datos son concluíntes: fronte a outro tipo de infraestruturas os veciños entenden que é imprescindible a posta en marcha do centro de día así como incrementar o número de prazas de gardería. Dúas medidas encamiñadas a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral tanto de aqueles que teñen nenos menores de 3 anos como dos que contan na súa familia con algún adulto dependente. Gonzalo Balo dende a Plataforma facía fincapé na necesidade de que “os gobernantes tomen nota destas necesidades e lles dean resposta máis alá doutro tipo de dotacións que quizais non son tan perentorias”. Outras das conclusións extraídas do estudos sociolóxica amosan a pouca implicación dos veciños no movemento asociativo pero principalmente en colectivos de índole sindical ou política. Finalmente Balo tamén puña o acento na crítica que os enquisados fan sobre as políticas tanto locais como autonómicas para tentar atallar o paro “xa que máis da metade dos consultados considera que Xunta e goberno local non fan nada neste sentido”.  

Gonzalo Balo Plataforma Cidadá
Explica cales son as necesidades máis demandadas polo consultados
Paro e administración
os enquisados enenden escasa a labor das diferentes administración para atallar o desemprego
Militancia
Pouca participación sobre todo en sindicatos ou partidos políticos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará