Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clases gratuítas de tai chi na Alameda e Chapela

RR_Noticias

Dende o 1 de xullo ata o 28 de agosto todos os que se acheguen á Alameda de Redondela os martes e xoves e ao xardín do Multiusos de Chapela os luns e mércores en horario de 09.30 a 10.30 horas poderán aprender esta practica milenaria vencellada aos hábitos saudables e orientada a calquera idade.

A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade pon en marcha un ano máis a actividade de Tai Chi no verán na Alameda de Redondela e no xardín do Multiusos de Chapela.
Esta actividade pretende ser unha forma de mantemento dos cursos levados a cabo durante os meses anteriores nos Multiusos de Redondela e Chapela e nas parroquias, dentro dunha idea de vida saudable e aire libre ligada coa práctica deste tipo de actividades que potencian os bos hábitos de vida, tanto de persoas xoves coma non tan xoves.
Convídase á veciñanza a practicar Tai chi nun espazo aberto dende o martes 1 de xullo ata o xoves 28 de agosto, teñan ou non coñecementos desta disciplina.
Esta actividade é de balde e nela poderán participar persoas de todas as idades acudindo aos lugares e nas horas indicadas con roupa cómoda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará