Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comuneiros de O Viso realizan traballos preventivos contra os lumes forestais

RR_Noticias

Co gallo de evitar que se produzan incendios coa chegada da época estival, a Comunidade de Montes do Viso está desenvolvendo diversas actuacións de rozas e mantemento de masas arboradas principalmente nas zonas próximas ás casas.  En concreto estase actuando nos lugares da Lagüiña, A Lomba e A Peneda e realizando mantemento da recen inaugurada Área Recreativa da Gándara.

Explican dende a comunidade de montes que se está a reinvestir o 100% dos ingresos xerados polo monte no propio monte, contando nos últimos anos con algunha axuda da Consellería de Medio Rural para traballos de prevención de incendios e silvicultura.
Estes día, e apra evitar a proliferación de incendios forestais, están a realizar traballos de prevención nos lugares da Lagüiña, A Lomba e A Peneda e realizando mantemento na área recreativa da Gándara, cuxa restauración e posta en valor foi realizada grazas a unha axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural do Baixo Miño que posibilitou adecentar unha ampla superficie para uso de comuneiros e veciños. A área recrativa conta cunha masa nova de frondosas, mesas e bancos de pedra e unha tiroliña para os cativos do lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará