Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Instituto de Chapela presenta un videoclip en lingua de signos premiado por Política Lingüística

RR_Noticias

O audiovisual proxéctase hoxe martes ás 20:30 horas no Multiusos O Piñeiral do Crego de Chapela. “Terra” é un videoclip en lingua de signos realizado pola comunidade educativa do IES de Chapela, en colaboración co IES Audiovisual de Vigo, no marco do proxecto Escoitando a Terra e seleccionado neste curso como “excelente” pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Na gravación implicáronse máis de 250 persoas. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais que quixeron con este traballo apoiar os dereitos das persoas xordas e dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro precisa de nós.
O audiovisual conta con música do grupo galego Dakidarría, é o tema musical Terra é que lle dá nome, “un canto de amor a Galiza, ás súas aldeas, barrios, vilas e cidades, así como un chamamento a escoitar, aprender e compartir, lema principal da canción e leitmotiv da campaña de difusión de Terra”.
O grupo Dakidarría, asociacións de persoas xordas de Galicia e os protagonistas da gravación, estarán presentes hoxe na proxección do filme, por primeira vez en público, e na súa subida á rede, que terá lugar no acto de presentación. A partir desta data poderá visitarse na canle do EDLG do IES Chapela en Youtube.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará