Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranxar as deficiencias na piscina de Chapela custará máis de 60.000 euros

RR_Noticias

O edil de medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Balleteros, recoñece que é necesario acometer unha serie de reformas na piscina de Chapela cando se vai cumprir un ano da súa apertura. As deficiencias detectadas afectan principalmente á caldeira de biomasa e na enerxía xeotérmica o que se traduce en que a auga non estea á temperatura axeitada para o confort do usuario. Tamén se producen fumes excesivos ao exterior. O edil fala “dun problema herdado do goberno bipartito”.

A solución pasa necesariamente por substituír a actual caldeira e introducir outras melloras como o desprazamentos da cheminea e o traslado da caldeira e un lugar máis axeitado. Así o explicaba Álvarez Ballesteros quen fala dunha piscina con importantes deficiencia que afectan principalmente á caldeira “que se atasca, provoca fume e chapapote”. Unha caldeira que foi introducida pola empresa construtora como unha mellora pero que non funciona como debería. Isto tradúcese en que a auga non estea á temperatura que debería para garantir o confort dos usuarios ademais de provocar malestar entre os veciños que teñen que soportar os seus fumes. O concelleiro de Medio Ambiente entende que solucionar estas deficiencia podería superar os 60.000 euros, unha cantidade que lle reclamarán posteriormente á empresa construtora para que non supoña un novo sobrecusto nunha infraestrutura efectuada con cargo ao Plan E e que superou os seis millóns de investimento.  

MIguel Alvarez Ballesteros edil de Medio Ambiente
Explica os problemas que presentan as instalacións de Chapela
Arranxo
A solución pasa por instalar dúas novas caldeiras
Problema herdado
Responsabiliza ao anterior grupo de goberno dos problemas actuais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará