Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Última semana para se inscribir nos cursos de verán da escola de música de Chapela

RR_Noticias

A Escola de Música de Chapela ten aberto ata o venres 20 o prazo de matrícula para participar das actividades que van desenvolver durante o mes de xullo. As ensinanzas abranguen dende o público máis cativo cunha ludoteca musical ou as clases de música en movemento así como un método propio de aprendizaxe de música para adultos.

Durante o mes de xullo contarase ademais con clases de apoio, reforzo e preparación de probas de acceso a conservatorios e recuperación de materias, oferta que se ampliará tamén no próximo curso. Manterase tamén para os pequenos a Ludoteca musical, unha primeira toma de contacto coa música mediante o xogo e talleres musicais a partir dos dous anos e as clases de Música e movemento para nenos de 3 a 5 anos cuxa finalidade é o ensino musical, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices. A partir dos seis anos e sen límite de idade impártense aulas de Linguaxe musical, unha actividade na cal se aprende a ler música para poñela en práctica co instrumento que se escolla. O alumnado pode acceder tamén ás clases de instrumento, cun total de 20 especialidades (óboe, frauta, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, gaita, pandeireta, percusión tradicional, violoncello, contrabaixo, batería, piano, guitarra, acordeón e voz). Os interesados poden dirixirse á sede da escola nos baixos do Pavillón de Chapela ou poñerse en contacto no enderezo escolademusicadechapela@hotmail.com  

Begoña Rial directora Escola Música
Fálanos das actividades que van organizar no verán para os máis pequenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará