Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Panorama e París de Noia “compiten” nas Festas da Coca

RR_Noticias

Os amantes das orquestras non terán escusa este ano para achegarse a unha festas que se celebran dende o mércores 18 ao domingo 22 de xuño e que presentan un cartel musical no que destacan as actuacións de París de Noia e Panorama. Como novidade desta edición a Danza das Espadas e as Penlas representarase na praza da Casa da Torre co obxecto de favorecer que sexa un maior número de público o que podía gozar deste espectáculo.  

O Concelleiro de cultura Julio Alonso explicaba que se decidiu trasladar a parada que os danzantes facían tradicionalmente na praza de Reveriano Soutullo atendendo a que nese lugar o público practicamente non podía gozar da danza. Trasládase así ata a praza da Casa da Torre, cunha explanada de maior tamaño que facilitará aos danzantes a elaboración das figuras e posibilitará que o público se coloque nas bancadas para ter unha mellor visión. Esa é a novidade principal dunhas celebracións que contarán tamén coa tradicional elaboración das alfombras florais nas noite de mércores e sábado e que arrancarán xa na tarde do día 18 co pregón que este ano terá un marcado carácter deportivo xa que correrá a cargo do presidente do Club Deportivo Choco, Iván Crespo, un club con máis de 60 anos de vida  e cuxo equipo titular fixo este ano unha temporada espléndida en Terceira División. Un programa o deste ano no que destaca a programación musical cun cartel que non defraudará aos afeccionadas das orquestras xa que arrancará con París de Noia mentres que será Panorama a encargada de pechar as festas na noite do domingo. A Concelleira de festas Herminda Quelle salientaba o esforzo económico feito dende o Concello para contar este ano con dúas agrupacións “de altísimo nivel” José Antonio Blas Piñón, redondelán que leva máis de tres décadas cantando na París de Noia recoñecía a emoción especial por actuar na Coca, unha celebración da que “participei de neno traballando na elaboración das alfombras e que é para min a festa máis importante de toda Galicia”. O cantante de Panorama, Lito Garrido, lembraba tamén que a súa orquestra pasou por Redondela hai xa vinte anos “cando eu aínda tiña pelo”. Julio Alonso non quixo esquecer que ademais das verbenas nocturnas que se completarán coas actuacións da orquestra Televisión o xoves, La Oca e Cinema o Venres e as orquestras Fin de Siglo e Xacobeo o sábado, haberá actividades musicais diurnas e actividades para os máis pequenos co xa tradicional programa A Coca dos nenos na Alameda nas tardes de xoves e venres. Actividades de danza, maxia e humor con Pistacatro, Peter Punk, Barafunda e Dani García. Finalmente o alcalde Javier Bas aproveitaba a rolda de prensa para animar a quen no coñeza as festas patronais de Redondela “a achegarse a unha tradición con prestixio e recoñecemento como é  danza das espadas e a vivir o ambiente nocturno coa elaboración das alfombras florais”.  

Julio Alonso Concelleiro de Cultura
Como novidade este ano a Danza bailarase tamén na praza da Casa da Torre
Pregoeiro
Unha labor que correrá a cargo do presidente do Choco Iván Crespo
A Coca dos nenos
Os máis pequenos terán actividades para eles nas tardes de vernes e sábado
Herminda Quelle edil de festas
Salienta o esforzo feito por traer as mellores orquestras
José Antonio Blas Piñón París de Noia
Unha orquestra que visita Redondela por terceira vez
Lito Garrido Panorama
Leva 20 anos sin actuar nas Festas da Coca
Javier Bas alcalde
Convida a veciños e visitantes a gozar do programa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará