Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de extinción de incendios en Reboreda

RR_Noticias

A mancomunidade de Montes de Redondela organiza este sábado un cursiño de extinción de lumes orientado a aqueles veciños interesados en contar cunhas nocións mínimas de como actuar ante un incendio forestal. A actividade desenvolverase en horario de mañá na Sociedade labrego cultural, é gratuíta pero precisa de inscrición no teléfono 620 55 22 13.

Sufocar un lume pode ter consecuencias diversas polo que o coñecemento dunhas nocións básicas do que non facer ou si facer resulta esencial. Por este motivo a Mancomunidade de Montes organiza este sábado un cursiño que se vai desenvolver na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
Contará cunha parte teórica ás dez da mañá impartida polo axente forestal José Norberto Bermejo Pérez. A partir das 11:30 no campo de fútbol de Reboreda e en grupos de 20 persoas, os asistentes recibirán un cursiño práctico de normas elementais de seguridade e extinción de incendios.
Unha actividade gratuíta aberta á participación de todas as persoas interesadas que deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo manc.montes.redondela@gmail.com ou chamando ao teléfono 620 55 22 13.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará