Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cualifican de “chapuza irresponsable” ubicar a gardería de Chapela no barrio de Parada

RR_Noticias

EU asegura que o obxectivo do goberno local é construir o edificio, orzamentado en 600.000 euros e deseñado para 60 prazas, nunha parcela no monte comunal que carece de accesos axeitados. Propoñen que se estude a súa ubicación na parcela coñecida como “polígono de autopistas” tal de como veñen demandando os veciños da parroquia dende hai anos.

A construcción dunha gardería na parroquia de Chapela é un servizo demandado polos veciños dende hai anos, pero a súa ubicación esta a ser un quebracabezas. A primeira proposta do goberno local foi adaptar os baixos do colexio Angorén para que albergaran este centro infantil, pero a comunidade educativa non deu o seu visto bo. Do mesmo xeito tampouco se considerou axeitado instalar ese centro no antigo colexio de Trasmañó.
A última das propostas, e parece que a definitiva, é construír este edificio, orzamentado en 600.000 euros e deseñado para 60 prazas nunha parcela do monte comunal no barrio de Parada, un lugar que ao entender de Roberto Villar de Esquerda Unida “non conta con accesos axeitados”. De feito, esa ubicación xa fora criticada polos grupos da oposición por estar situada na zona alta da parroquia moi afastada do casco e por carecer de trasporte urbano.
Esquerda Unida critica ao actual goberno local de Redondela que “despois de tres anos as voltas, está a punto de acometer unha nova chapuza irresponsable argumentando que xa non hai tempo físico para buscar mellores terreos, xa que os cartos serán investidos pola Xunta de Galicia noutro municipio se non se licita a obra no vindeiro mes de xuño de 2014”.
Villar acusa aos populares de empregar o medo para “con esta medida facer responsables da súa mala xestión aos colectivos socias de Chapela ao deixar nas súas mans unha decisión a desesperada” e aposta pola construción de dita gardería na finca coñecida como “Polígono de autopistas” (35.000 m2) tal e como levan demandando os veciños, veciñas e colectivos sociais de Chapela dende hai anos. Unha finca que tamén servirá para albergar o traslado do Colexio Igrexa por mor da ampliación da AP-9.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará