Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A concesionaria da AP-9 licita as obras de ampliación de Rande

RR_Noticias

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe o anuncio de licitación das obras para ampliar a Ponte de Rande e as ligazóns de Cangas e Teis da AP-9. O orzamento basee de licitación ascende a 174,14 millóns de euros. O prazo de execución é dun máximo de 30 meses. As solicitudes poderán presentarse até setembro cun orzamento de 93,7 millóns.

Ademais das obras para desdobrar a ponte de Rande, a actuación inclúe outra fase por 81 millóns para enlazar Teis e Cangas para mellorar o acceso en senllos tramos con novos carrís. A concesionaria da autoestrada, Autoestradas do Atlántico, correrá co custo das obras en virtude do convenio rubricado en 2011 co Goberno. O acordo establece que a empresa recuperará o seu investimento a través da aplicación dun 1% de peaxe extraordinaria durante un período de 20 anos. Durante os traballos, instalaranse dous taboleiros exteriores con calzadas de cinco metros de ancho cada un, que irán encostados ás pilas principais cun sistema de atirantado similar ao actual. O sistema de construción deberá permitir ademais que o tráfico do viaduto non se vexa interrompido. O obxectivo é que o desdoblamento quede finalizado na primeira metade de 2017. O anuncio do BOE no que se notificaba a aprobación definitiva do proxecto de ampliación indica que a obra da AP-9 non require someterse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará