Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela acada o pase para o Campionato de España de Traiñeiriñas

RR_Noticias

A segunda praza no Campionato Galego na categoría Absoluta Feminina garante a presenza da embarcación de Chapela na proba estatal. Meira volverá ser o escenario da regata, que se celebrará a próxima fin de semana. Os clubs Samertolaméu, Mecos e Cabo da Cruz proclamáronse campións de Galicia nas finais celebradas onte en Moaña.

Na categoría absoluta feminina, Samertolaméu e Chapela abriron a regata co seu tradicional duelo espectacular, pero un erro na virada de Chapela deulle vantaxe ás anfitrioas. Con todo, tanto Samertolaméu como Chapela aspiran de novo á bandeira de honra do Campionato de España, que as redondelás xa conseguiron na temporada de bateis. Por detrás, Tirán, Mecos e Areas nada puideron facer ante o poderío dos dous primeiros barcos. Na categoría xuvenil masculino os remeiros de Mecos volveron mostrarse intratables, dominando a regata de principio a fin. Certo que Cabo da Cruz ao final achegouse, pero sen poñer en perigo aos vencedores. Un segundo de diferenza fala con elocuencia da loita polo triunfo dos dous equipos. A continuación chegaron Tirán, Rianxo e Robaleira, pero moi lonxe. Na categoría absoluta masculina tamén a loita foi pechada entre Cabo da Cruz, Samertolaméu e Tirán. A vitoria foi para os de Cabo, pero con Samertolaméu, segundo, e Tirán, terceiro, moi preto: escasamente un barco entre o primeiro e o terceiro. A continuación clasificáronse Amegrove e Moaña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará