Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios entregan os premios da III Ruta do Pincho

RR_Noticias

Dúas mil persoas participaron nesta edición da Ruta do Pincho organizada pola asociación de empresarios e na que participaron un total de 22 establecementos. Hoxe darase a coñecer, nun acto que se celebrará no Auditorio José Figueroa ás 18:00 horas cal foi a proposta máis votada polos clientes que nesta III edición se achegaron a estes bares e restaurantes a desgustar os imaxinativos e saborosos petiscos elaborados polos hostaleiros.

Tamén se fará entrega dos premios aos tres clientes que resultaron agraciados pola súa participación. Son tres mulleres, Chelo Sobral galardoada cunha noite de hotel para 2 persoas no Hotel Balneario Aguas Santas con circuito termal e visita e degustación a unha adega, Carmen Rodríguez Amoedo que recibirá un pase para 2 persoas dun Circuito Termal no Talaso Atlántico e un terceiro premio consistente nun pack de 3 botellas con Denominación de Orixe para Andrea Da Rosa Hernández.
A entrega de premios terá lugar hoxe mércores ás 18:00h no Auditorio José Figueroa do Centro Sociocomunitario de Redondela, neste acto darase a coñecer tamén o pincho gañador desta terceira edición, que será resultado das valoracións dos clientes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará