Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta convoca 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé en Cesantes

RR_Noticias

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá martes. A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca estes novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Redondela e outros 3 na confraría de Cangas co obxectivo de incrementar os postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto económico actual.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.
As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.
Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará