Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto benéfico contra a cegueira

RR_Noticias

A Orquestra de Saxos ofrece hoxe xoves 15 ás 20:00h no Multiusos da Xunqueira un concerto solidario a beneficio da ONG Dá Man. A iniciativa busca recadar fondos para financiar os proxectos que esta organización desenvolve en Senegal, e que neste ano están centrados na prevención da cegueira infantil e no financiamento de operacións de cataratas e outras patoloxías que provocan a perda de visión. As entradas son un donativo de 4 euros.

A ONG Da Mán, presidida pola médico pediatra Pilar Martínez, centra as súas accións solidarias en Senegal con iniciativa tales como a prestación de atención médica e a construción dunha escola. Este ano centra a súa actividades na posta en marcha de medidas orientadas a previr a cegueira infantil así como o financiamento de operación de cataratas e outras patoloxías relacionadas coa vista. Co obxectivo de acadar fondo para financiar estes proxectos hoxe convidan aos veciños a participar dun concerto que se vai desenvolver no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas e que parte da iniciativa da Orquestra de Saxos do Conservatorio e da súa directora Elisa Arias. O repertorio estará integrado por baladas, temas de jazz e swing e sobre o escenario un cuarteto de voces estará arroupado polos integrantes da orquestra de saxos. As entradas son un donativo de 4 euros e pódense adquirir xa no Café da Vila ou no propio conservatorio, tamén unha hora antes do concerto na billeteira do Multiusos.  

Pilar Martínez ONG Da mán
Un concerto solidario para todos os públicos
Proxectos en Senegal
Actualmente están a desenvolver iniciativas médicas para evitar a cegueira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará