Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela despide a liga cunha vitoria no derbi contra o Octavio antes da promoción

RR_Noticias

O derbi serviu para que ambos os conxuntos pechasen onte a liga regular. Foi o punto final da tempada para o equipo vigués, mentres que os de Chapela terán que afrontar dentro de quince días unha complicada promoción de permanencia en Córdoba ante Pozoblanco e Palma del Río. En principio será os días 23,24 e 25 de maio en Pozoblanco a condición de que estes non renuncien á celebración e se encargue da mesma o Castro Chapela.

División de Honra Prata

Castro Chapela 30-29 Academia Octavio
A loita pola permanencia en Andalucía era a peor das opcións para os redondeláns, polo longo desprazamento e a imposibilidade de que a súa afección os acompañe, pero esa será a sede logo de que o Pontevedra gañase a súa praza. Polo menos, o equipo de Fran Teixeira afrontará a fase na que se xogará a súa continuidade na División de Honra Prata reforzado pola súa vitoria fronte ao Octavio. Foi o de onte un partido igualado, como tantos outros dos disputados esta tempada polo Castro Construcións, moitos deles saldados a favor do rival de quenda. Nesta ocasión, a historia foi diferente. As primeiras vantaxes foron para o conxunto vigués, que se adiantou 0-2 e non se viu por detrás no marcador até o minuto 11, cando Rubén Gómez fixo o 8-7 para o Chapela. A partir de aí, as vantaxes no electrónico sempre foron mínimas e ao descanso chegouse cun 15-14. Na continuación, o conxunto de Fran Teixeira aumentou a súa intensidade e chegou a alcanzar unha renda de catro goles (20-16, min. 38) que en apenas tres minutos reduciuse a un. Pero o Octavio non volveu porse por diante, aínda que si empatou a dous minutos do final (28-28). Entón, dous tantos de Óscar Silva decantaron o choque a favor do Castro Construcións. Esta é a primeira vez na historia que o Chapela lle gaña á Academia Octavio nun partido oficial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará