Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro non retrocede en Redondela

RR_Noticias

O paro descendeu no mes de abril en 6.319 persoas en toda Galicia, uns datos que se reflicten con diminucións importantes nos concellos de Pazos de Borbén (-44) e Soutomaior (-33). Tamén en Fornelos de Montes o número de parados experimenta un retroceso (-13) mentres que en Redondela practicamente estes datos non experimentan variación algunha, xa que tan só se borraron das listas do paro dúas persoas.

O dato feito público hoxe pola Consellería de traballo confirma que se borraron das listas do paro na nosa comarca un total de 92 persoas, sendo na actualidade 4.447 as que se atopan inscritas como demandantes de emprego. Con todo, eses datos presentan importantes diferencias se analizamos concello a concello.
Así, en Pazos de Borbén e en Soutomaior é onde atopamos as maiores variacións. En Pazos eran a finais de abril 440 as persoas paradas, 44 menos con respecto ao mes anterior mentres que en Soutomaior hai 864 veciños inscritos nas listas do INEM, 33 menos que en marzo.
Tamén no concello de Fornelos o paro se viu reducido en 13 persoas, sendo actualmente 213 o número de desempregados inscritos.
No caso de Redondela a variación foi mínima, xa que segundo os mesmos datos hai 2.930 persoas inscritas como solicitantes de emprego, tan só dúas menos que a finais de marzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará