Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP nega que exista escurantismo na tramitación do proxecto da senda do Maceiras

RR_Noticias

O Concelleiro de Medio ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros asegura que o motivo de non permitir que se fotocopie a documentación do proxecto é para evitar interferencias nas negociacións que se están a desenvolver cos veciños afectados por seren propietarios das leiras colindantes co río. Farán público o proxecto en canto rematen esas negociacións. A obra, cuxo custo ascende a 290.000 euros, podería comezar este verán.

As actuacións previstas no proxecto contemplan a construcción dun sendeiro de 1.800 metros de lonxitude ao longo do cal se construirán diferentes pontes e pasarelas e se colocaran paneis informativos coa descrición dos valores naturais e ecolóxicos da zona tratando de causar un mínimo impacto na zona. A actuación ascendería a 290.806 euros e está previsto, segundo explica o edil de medio Ambiente, que comece o verán. Con todo, previamente será necesario negociar cos propietarios das leiras colindantes co obxectivo de “facerlles entender que teñen que retirarse da zona de servidume de 5 metros á beira do río que nalgúns casos ocuparon de xeito irregular” Nega o edil que exista escurantismo neste proxecto, tal e como así denunciaron dende a Agrupación de Electores que días atrás criticaban que non se lles permitise sacar do concello a documentación existente en torno a este proxecto. Alvarez Ballesteros asegura que o motivo de non permitir aos grupos políticos que fagan fotocopias e saquen dita documentación das oficinas municipais e “para evitar que se monte un circo, porque queremos levar as negociacións con sentidiño e que todo esta pechado cos afectados antes de facelo público”. Iso sí, asegura o edil que unha vez finalizadas estas negociacións o proxecto será público.  

Miguel Angel Álvarez Ballesteros edil de Medio ambiente
Estima que as obras poderían comezar no verán
Negociacións
Estase a falar cos propietarios
Proxecto público
Farase público en canto rematen as negociacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará