Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O público gaña peso no Redondela en curto

RR_Noticias

O festival vive esta tarde unha intensa xornada de actividades con tres sesións no Multiusos da Xunqueira ás 18:00, 20:00 e 22:00 horas. Os locais de hostalaría Café Royalty e Pizzería Bos Aires acollerán ás sete e nove da noite unha das novidades desta edición, a sección “Máis friki” na que se proxectan unha selección das curtas máis pintorescas e divertidas das máis de 700 que este ano chegaron ao concurso. Na medianoite a Sala Disco Tasca vivirá a sesión Golfa, todo un clásico dentro da programación.

Un festival que se inauguraba ás nove da noite de onte con presenza do seu director, Fernando Carreira Cuchi e o edil de Cultura, Julio Alonso, quen destacou o traballo “necesario e imprescindible” que hai detrás dun festival destas características e que fai posible que chegue a celebrar os seus dez anos de vida. E logo de dez edicións, a programación que se vai desenvolver ata o vindeiro domingo presenta importantes novidades cunha maior presenza na rúa con concertos a cargo da Bbanda de música de Chapela o sábado ás nove na Pista da Xunqueira e o domingo ás sete nos xardíns da Alameda e coa “Caravana curtísima” que estará instalada ao carón do Multiusos. Pero hai tamén outra propostas coa sección curtamóbil patrocinada por Vodafone, na que se proxectarán curtametraxes gravadas con móbil ou teléfono tablet. Seis títulos que se poderán ver o sábado as dez da noite no multiusos. Unha edición na que o público cobra aínda maior importancia, xa que se elimina o premio do xurado e a contía total do premio, 1.500 euros, irá a aquela curtametraxe que reciba un maior número de votos por parte dos espectadores. Un programa que se completa coa exposición de pintura “O privilexio do esforzo” de Angel barros, que xa se pode visitar nas salas do Multiusos.  

Julio Alonso edil de cultura
Salienta o esforzo de manter un festival durante dez anos
Un festival que sae a rúa
Así o explicaba o concelleiro
Fernando Carreira Cuchi director do festival
Entre as novidades deste ano átopamos as pelis frikis
Sección curtamóbil
Películas grabadas con teléfono
Público soberano
Os votos dos espectadores serán os que decidan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará