Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sensibilizando sobre o autismo na Casa da Cultura

RR_Noticias

Esther Medraño e Olga Lalín serán as encargadas de conducir unha charla coloquio arredor do autismo que inclúe a presentación do libro “Hada Esther”. Unha actividade que terá lugar o martes 22 ás 20:00 horas na Casa da Cultura e que está enmarcada dentro da programación da VI Semana do libro, a festa das palabras que organiza Normalización Lingüística e as Bibliotecas de Redondela.

Esther é terapeuta especializada en autismo e promotora do proxecto Vínculo Centro de Atención Temprana (xunto con Emma Martínez Ovín), que naceu coa intención de responder ás necesidades específicas de nenas e nenos con trastornos no desenvolvemento e das súas familias. Olga é licenciada en Filoloxía Xermánica, docente de inglés en ensino medio e nai de Manuel, un neno diagnosticado con trastorno do espectro do autismo (TEA). O traballo destas dúas mulleres implicadas deu no obxectivo común deste conto para adultos: concienciar e sensibilizar a profesionais e familias, claves no proceso educativo e cuxa coordinación é fundamental. Desta colaboración naceu o proxecto Alto, alto como una montaña, co que pretenden dar unha visión creativa sobre este trastorno, e no que colaboran tamén o músico Seso Durán e a ilustradora Luz Beloso. O texto do libro fálanos dun xeito único de percibir e entender o mundo, o que se transmite pola mirada e as palabras, co obxectivo de facer visible o autismo.  

Eva Garái Rei Normalización Lingüística
Concienciar sobre o autismo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará