Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica as “contratacións en precario” propostas polo Concello

RR_Noticias

Cualifican a proposta do goberno local para contratar a 17 peóns con cargo a unha subvención de 71.000 euros da Deputación de “indigna” xa que as persoas contratadas traballarían a tempo parcial 25 horas semanais, de luns a domingo, con horario flexible en función das necesidades do servizo, cunhas retribucións brutas de 502,15€ mensuais. A nacionalistas Cecilia Pérez critica que “dende o goberno local se estea a fomentar a precariedade laboral”.

O goberno municipal presentoulle aos grupos da oposición as bases para a contratación de 17 peóns con cargo a unha subvención de 71.000€ da Deputación Provincial. Pretendese, segundo explica o Bloque, que se encarguen do mantemento de camiños, rúas, estradas e das súas marxes.
As condicións nas que se pretende desenvolver estas contratacións son consideradas pola voceira nacionalista, Cecilia Pérez, “indignas para unha administración pública como o Concello de Redondela” tendo en conta as condicións nas que traballarína as persoas contratadas, a tempo parcial 25 horas semanais, de luns a domingo, con horario flexible e cunhas retribucións brutas de 502,15€ mensuais. Por este motivo propoñen que sexa “o goberno municipal quen faga directamente as contratacións, con soldos axeitados e en condicións laborais dignas”.
Lembran que nos orzamentos municipais “existe unha partida de 90.000 euros para que unha empresa se responsabilice de traballos similares. Un exemplo claro de como o goberno municipal, apoia o deterioro do emprego público, para fomentar as empresas privadas”, continúa a voceira do BNG.
O BNG conclúe lembrando que non lle vai dar “o aval ao goberno de Javier Bas para que desenvolva esta contratación por considerar que non pode ser que a administración local contrate en precario” e esixen prioridade á hora de investir os fondos públicos xa que segundo apunta a voceira nacionalistas “non pode ser que con cartos procedentes da Deputación, se invistan 120.000€ en parques infantís, e pola contra se vaian a pagar 532 euros brutos a traballadores encargados do mantemento viario”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará