Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización organiza unha charla sobre mitoloxía e unha exposición sobre o cinema portugués

RR_Noticias

O profesor Manuel Gago será o encargado de impartir este martes 15 ás 20:00 horas na Casa da Cultura unha charla na que ofrecerá aos asistentes unha ollada á relixión e á mitoloxía da idade de Ferro en Gallaecia. Unha actividade organizada por Normalización Lingüística que ofrece tamén a posibilidade de coñecer a historia do cinema portugués a través dunha exposición do Instituto Camões que se pode visitar esta semana no Multiusos do Piñeiral do Crego.

Dúas actividades enmarcadas dentro da programación da VI Semana do libro, a festa das palabras que volve contar coa colaboración do Instituto Camões de Vigo. Nesta edición achegan a Redondela unha interesante exposición sobre a historia do cinema portugués. Un percorrido pola historia da longa e fulgurante viaxe do cinema portugués, narrada en fotos, carteis, artigos de revistas e demais iconografía, reproducidos a partir dos orixinais conservados no acervo da Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema. Toda esta documentación aparece acompañada por lendas explicativas que axudan a entender e contextualizar aquilo que se mostra. As distintas etapas percorridas polos creadores portugueses expóñense aquí para mostrar como se desenvolveu o proceso creativo do audiovisual no tempo, as dificultades e obstáculos desa historia e o resultado desas imaxes en movemento como resumo da propia historia. A presente exposición componse de 22 paneis expositivos que fan un percorrido histórico polo cinema portugués, e que nos vai servir tamén para achegármonos a un país veciño do que ás veces descoñecemos fitos fundamentais da súa historia e da súa cultura. A exposición permanecerá do 14 ao 22 de abril no multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela, en horario de tarde, e do 24 ao 30 de abril no multiusos da Xunqueira, no horario habitual de apertura.    

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos da charla que terá lugar o martes na Casa da Cultura
Exposición de cine
O cine portugués protagoniza esta mostra que se poderá ver nos Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará