Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arde un alpendre no Viso

RR_Noticias

Un incendio que se producía de madrugada na Estrada de A Nogueira na parroquia de Viso, calcinou parcialmente un galpón. A rápida actuación de Grumir, Policía e Bombeiros evitou que o lume se estendese a unha vivenda unifamiliar adosada ao alpendre incendiado. O incendio iniciouse pasadas as sete da madrugada de hoxe dándose por extinguido ás 8:30 horas. Un home de 36 anos tivo que ser atendido por inhalación de fumes.

Dúas dotacións de bombeiros de O Porriño, efectivos do Grumir así como axentes da policía local e nacional desprazáronse ao lugar para tentar sufocar un incendio que se producía, por causas que se descoñecen, nun alpendre acaroado a unha vivenda unifamiliar na estrada A Nogueira. Precisamente foi a rápida actuación dos servizos antiincendios o que evitou que o lume se propagase afectando á vivenda contigua. O alpendre atopábase cheo de leña o que favoreceu a propagación do incendio que afectou principalmente ao tellado que quedou derrubado parcialmente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará