Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Primeiro xuizo a un afectado polas preferentes nos xulgados de Redondela

RR_Noticias

O estafado é un veciño de Arcade que presenta unha demanda contra NCG por terlle vendido este produto. A Plataforma de afectados explica que se trata “dun aforrador de certa idade” que como tantos outros se viron enganados e mal aconsellados polos directores das entidades bancarias.

Dende as Plataformas animan aos afectados a seguir facendo presión na rúa “porque ese é o único camiño para recuperar uns cartos que son seus”. Por este motivo estarán mañá ás 10:00 horas nos xulgados de Redondela e o xoves participarán dunha nova concentración diante da sucursal de NCG en Arcade entre as 17:00 e as 19:00 horas. O obxectivo é seguir reivindicando “unha solución e devolución íntegra para todos os afectados que padeceron a quita imposta polo goberno”. A Plataforma que aglutina aos afectados de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornenlos insiste en que acudir aos xulgados e a protesta na rúa é a única saída para as estafados unha vez cortado o proceso de arbitraxes que se iniciara nun principio. Amósanse incrédulos ante o compromiso do presidente de Banesco, entidade propietaria de Novagalicia Banco, Juan Carlos Escotet, de darlles unha solución a corto prazo aos preferentistas.  

Carlos Míguez Afectados polas preferentes
Manter a presenza na rúa
Primeiro xuizo en Redondela
Será o mércores ás 10:00 horas
Desconfianza nas promesas de Escotet
Os afectados non cren nunha solución a curto prazo por parte de Banesco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará