Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco segue na loita pola fase de ascenso logo da goleada sobre o Laracha

RR_Noticias

Os homes de Jacobo Montes volveron demostrar en Santa Mariña que teñen calidade máis que de sobra para seguir na pelexa polos postos de play off. Fixérono cunha vitoria sen paliativos cun resultado de 4-1, nun partido que resolveron en trinta minutos e no que acabaron goleando ao Laracha.

Tercira División
Choco 4-1 Laracha
O Choco chegaba á cita de onte cun moi bo refacho na casa que os mantén moi preto dos postos que dan acceso á fase de ascenso, mentres o rival está nunha situación perigosa na loit apola permanencia. O partido comezou con dominio dos redondeláns, que acertaron a primeira diana aos 10 minutos de partido, cun gol de Yeray. Aos dous minutos volveu chegar o gol para os locais, esta vez a cargo de Caloi. O dominio do Choco seguiría ata que chegou o terceiro tanto para os de Redondela, segundo xa na conta persoal de Yeray. O Laracha non reaccionaba mentres os de Jacobo Montes, que comezaran moi metidos no partido, tiñan practicamente sentenciado o partido á media hora de xogo. Así chegarían ao descanso, cun marcador de 3-0. A segunda parte sería unha repetición da primeira, xa que no minuto 46 chegaría o gol de Pablo Couñago, que deixaba o partido definitivamente do lado redondelán. Cun marcador de 4-0 o Choco deixouse levar pola relaxación e sería aí cando chegaría o gol visitante, obra de Denís. O partido remataría finalmente co resultado de Choco 4-1 Laracha. Foi unha vez máis un gran partido do Choco que aferra aos de Montes á posibilidade de loitar polo ascenso, a só dous puntos da cuarta praza. A ilusión segue máis viva que nunca no equipo redondelán, que soña con pechar unha temporada de ouro no ano do regreso a Terceira División despois de tres décadas. A próxima cita determinará en boa medida esas posibilidades, xa que xogarán no campo de As Pontes, o quinto clasificado do grupo e co que os de Montes están empatados a puntos.
Gondomar 3-2 Choco B
O Gondomar fixo valer a súa posición de locatario e foi superior aos redondeláns, malia que o filial do Choco vendeu cara a súa derrota. O Choco B sitúase na 4ª praza, e a próxima xornada recibe ao Sampaio, un dos pechacancelas.

Arcade 0-1 Campolameiro
O Arcade plantou cara ao líder, o Campolameiro, co que ata os últimos minutos mantivo o empate sen goles no marcador. Foi Diego, a falta de cinco minutos e de penalti o que lle daría os 3 puntos aos visitantes. O Arcade segue na metade baixa da táboa, a próxima xornada xogará no campo do Umia, o 7º do grupo.
Soutomaior 4-1 Vilaboa
O Soutomaior goleou ao Vilanova, e afástase máis dos postos baixos da táboa. Agora son 11º, e a próxima fin de semana xogan no campo do Bueu, o 6º.
Terceira Autonómica

U.Sampaio 2-1 Cesantes
Partido moi disputado no campo do líder do grupo no que o Cesantes plantou cara. Os goles dos locais só chegaron de penalti, obra de José e Marcos. A derrota deixa ao Cesantes na 10ª posición da táboa, o próximo domingo recibe ao Cotobade (8º).
At.Vilar 1-3 Alcabre
O Alcabre demostrou a calidade que o acredita como líder do grupo, e foi moi superior ao At. Vilar, que non puido co rival. O Vilar baixa á 10ª posición, e a próxima xornada xoga no campo do Montecastelo, o seu inmediato perseguidor.
Vincios 1-4 Chapela
O Chapela escala ata a 2ª praza do grupo, a tan só 1 punto do Alcabre, que é líder, logo da goleada a domicilio sobre o Vincios, que queda así xa case practicamente descolgado dos postos de cabeza.
Barciademera 3-3 Nespereira
Reparto de puntos nun partido con moitos goles entre os de Pazos e o Barciademera. O Nespereira mantén a 5ª praza e na próxima xornada reciben ao Junevil (2ª).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará