Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas alertan da falta de seguridade vial na praza de Ponteareas

RR_Noticias

Reclaman melloras no lugar para garantir a seguridade dos peóns, principalmente dos rapaces que diariamente se ven obrigados a cruzar polo medio da estrada nacional pro realizar alí unha parada o autobús escolar. Os socialistas presentarán un rogo neste sentido no pleno municipal que se celebra o vindeiro xoves.

O PSOE de Redondela comprobou que nas últimas semanas o autobús escolar realizaba unha parada no entorno do convento de Vilavella o que obriga a nenos e pais a cruzar a estrada por diversos lugares onde non hai pasos de peóns. Deste xeito, teñen que atravesar esa vía sen ningún tipo de seguridade e co risco de que se poida producir un atropelo ou outro accidente.
Por este motivo, os socialistas solicitan ao goberno municipal que demande ó Ministerio de Fomento a dotación de pasos de peóns do lugar así como as melloras no entorno que sexan precisas para mellorar a seguridade vial neste lugar.
A dotación de pasos de peóns e a sinalización do cruce, aprobada polo pleno en 2011, son dúas actuacións que ao entender dos socialistas “debe xestionar ó goberno de Redondela perante a administración estatal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará