Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Centos de persoas visitan o Castelo de Soutomaior para gozar das camelias

RR_Noticias

O certame da camelia volveu congregar a centos de persoas en Soutomaior que se achegaron ao castelo para gozar deste concurso que celebraba a súa decimo cuarta edición. Deolinda Barbosa fíxose co galardón á mellor flor e Isolina Diniz acadou o primeiro posto en composición artística.

Un ano máis a vistosidade das flores e das composicións presentadas polos máis de cincuenta cultivadores que participaron do evento foi foco de atención para os centos de afeccionados que se achegaron ao Castelo. Un certame que ao entender da Concelleira de Cultura ten máis seguidores ano tras ano como o amosa o número de visitantes que pasaba estes días polo certame.
Deolinda Barbosa Sousa de Soutomaior lograba o premio na categoría á mellor flor, mentres que en segundo lugar quedaba Olaia Castrillo Sánchez e no terceiro Eva Martínez Seoane.
No apartado de composición artística a gañadora foi Isolina Diniz Vilas de Arcade, con María Teresa Mos Barros no segundo posto e Sara Buceta Díaz no terceiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará