Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha reforma fiscal que non convence á cidadanía

RR_Noticias

Un comité de expertos elaborou un informe no que propoñen ao goberno de Rajoy unha reforma fiscal integral. O documento conta con 444 páxinas e un total de 125 medidas que afectan a todos os os impostos estatais, autonómicos e locais, así como as cotizacións sociais. Entre as medidas máis comentadas está a rebaixa no IRPF e o incremento do IVE produtos. A eliminación do IVE reducido en alimentos básicos é unha das propostas máis criticadas.

O documento segue as directrices esperadas. Rebaixa de tipos no IRPF e imposto sobre sociedades, eliminación de deducións e bonificacións, incremento da fiscalidade ligada aos bens inmobles, subida de impostos especiais e reclasificación de produtos e servizos no IVE. O presidente da comisión, Manuel Lagares, rexeita que a súa proposta de reforma fiscal beneficia ás rendas altas, tal como denuncian os grupos da oposición. O experto explica que a rebaixa no Imposto da Renda redúcese sobre todo “para aqueles traballadores que cobran menos”. Na rúa os veciños de Redondela non o ven así, entenden que co sistema impositivo, tanto o actual como o novo, acabarán “pagando máis os que menos teñen”. A proposta de subir o IVE ao 21% en moitos produtos da cesta da compra que ata agora tributaban a un 10% é o que máis critican os cidadáns, que entenden que a rebaixa no IRPF non compensa a subida do IVE, que afecta a todos, tamén aos máis humildes. Veciños como Agustín lamentan que se incremente este imposto en produtos “básicos” como iogures ou pasta. Outros, pola contra, defende a reforma fiscal proposta polo “comité de sabios”. Rubén, que traballa no sector da hostalaría, defende o informe xa que se trata dunha reforma “estruturada, integral e que loita contra a fraude fiscal”. O documento será agora estudado e valorado polo goberno. As propostas dos expertos servirán de referencia para a gran reforma fiscal que o executivo de Rajoy pretende levar ao Parlamento en xuño. Algunhas delas serán asumidas polo Goberno que, con toda seguridade, desbotará outras.  

Manuel Lagares presidente da comisión
O experto nega que a reforma beneficie máis ás rentas altas.
Maribel veciña
Denuncia que a carga fiscal non é xusta xa que prexudica á clase media.
Agustín pensionista
Propón unha solución inversa subir o IRPF aos que máis cobran e deixar o IVE actual.
Rubén camareiro
Defende a reforma proposta polos expertos xa que é estruturada simple e loita contra a fraude fiscal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará