Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cerco de Redondela regresa ao mar con pesimismo sobre o futuro do sector

RR_Noticias

Desconvocan a manifestación que tiñan previsto celebrar este venres logo de chegarse a un acordo provisional que, segundo o representante do cerco na confraría de Redondela Antonio González “Tonacho”, lles permite salvar o ano logo de semanas en paro. Acatan así a decisión que lles outorga un número maior de capturas tanto en xurelo como en xarda logo de que o Pais Vasco cedese a Galicia 400 toneladas.

Malia que desconvocan a manifestación que tiñan previsto celebra este venres insisten en que se trata dun acordo provisional para este ano e que non da resposta as súas peticións que pasan porque o reparto da cota se faga por número de tripulantes e non de descargas de anos anteriores. Así, o sector mantén o seu rexeitamento a un reparto que entenden inxusto xa que outorga ao Pais Vasco e a Cantabria o 72% das capturas de xarda e xurelo malia sumar ambas comunidades 94 barcos fronte aos 153 galegos. Esixen por ese motivo que se revise ese reparto de cara a lograr outro que sexa máis xusto. Unha demanda que ao entender de Tonacho vai ser difícil de acadar “porque a consellería non apoia as nosas reivindicacións en Madrid, un apoio que vascos e cántabros si teñen dos seus respectivos goberno autonómicos”. Con todo, a decisión dos vascos de ceder xarda a Galicia parece salvar a situación aló menos neste 2014, logo de que o sector anunciase que volverán faenar a partir do vindeiro luns. Unha solución ao conflito que na confraría de Redondela cualifican de provisional, xa que as súas peticións seguen sobre a mesa de cara ao vindeiro ano.  

Antonio González "Tonacho" representante do cerco
Unha cesión dos vascos permite este acordo provisional
Solución provisional
Insisten en que as negociacións seguen porque queren un reparto da cota máis xusto
Mobilizacións
Suspenden a manifestación que había convocada para mañá venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará